domingo, 24 de setembro de 2017

VITORIA DO AUTOS CANCELA ZALAETA NA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA ANTE O CV TORRELAVEGA




  Ás 19:00 comezaba a liga 2017 - 2018 de SF2 no Barrio das Flores cun partido que enfrontaba ao equipo titular da cancha, AutosCancela Zalaeta co CV Torrelavega, e que se saldaba co primeiro triunfo do conxunto herculino por 3-1 (25-17; 13-25; 25-22 e 25-19), 88-83, nun partido dirixido polo colexiado Justo Olea que tivo unha duración de 01h 41m.

AUTOSCANCELA ZALAETAPatri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

CV TORRELAVEGAMaría Segovia, Carolina Fernández, Cristina Hermosa, Alba Salazar, Paola García, Ana Vergara, Aroa Sánchez, Lara Díaz, Noelia Neila, María Carcaba e Isabel Egusquiza.
Adestrador Rubén Piquet.


  Bo debut na competición do equipo de Jorge Barrero cunha vitoria ante o seu público no Barrio e sobre un conxunto aspirante aos primeiros postos da táboa.
  No primeiro set as locais saen decididas e superan ao rival desde os inicios, sempre por diante en todos os parciais poñen o 1-0 con relativa facilidade, superando a Torrelavega en recepción e porcentaxe de ataque.
  Pero as cántabras non ían deixar que este ritmo continuase e no segundo danlle a volta e devólvenlle a moeda ao Zalaeta, melloran o seu ataque e recepción e impóñense claramente coa maior diferenza de set do partido, 13-25 e empate no marcador.
  O terceiro é moi igualado, ambos os equipos xa están metidos no partido e non se deixan dominar, uns comezos alentadores por parte das do Zalaeta póñenas por diante, pero reaccionan as de Piquet e adiántanse, 20-15 no marcador do set,
parece encarrilado, pero un parcial do Zalaeta de 5-0 sitúa o marcador en 20 iguais, e a partir de aí dominio local que finaliza o set con outro parcial de 4-0.

  E chegamos a cuarto e ao cabo o definitivo, igualdade total, un ou dous puntos de diferenza entre os equipos  alternativamente, o Zalaeta aguanta ben, confía nas súas posibilidades e no  último cuarto do set uns erros visitantes e o acerto no ataque local fanlle cobrar vantaxe e pechar o partido cun 3-1 que supoñen os 3 primeiros puntos da competición e deixan un bo sabor á afección.
  A ambos os conxuntos fáltalles nivel de competición, foi un partido típico de comezo de tempada, falto da tensión da tempada máis avanzada, pero tivo emoción e a igualdade na cancha propiciou o goce nas bancadas.
  O conxunto local, sen un sexteto titular aínda definido, tivo un excelente rendemento, superaron ao rival en recepción e en ataque , cunhas porcentaxes parecidas, realizaron máis puntos. Controlaron ben os tempos sobre todo no terceiro set no que puido estar a clave da vitoria realizando unha boa parte final para impoñerse no marcador. En saque cometéronse menos erros que as cántabras e logrouse mais efectividade, 7 puntos directos ante 3.
  Egusquiza foi a máxima anotadora do CV Torrelavega e do encontro con 16 puntos, seguida de Neila con 12 puntos.
  Polo AutosCancela Zalaeta, Tania con 12 puntos máxima anotadora, seguida de Emma 11 puntos, Alba 10 (3 ACES) e Marta 9 puntos (4 ACES).




  Primeira xornada da tempada 17-18, unha tempada a priori marcada pola igualdade dos equipos participantes e na que os puntos serán caros. Partido ante o CV Torrelavega, un clásico xa na nosa liga, que viña cun equipo algo renovado respecto dos persoais confeccionados tempadas pasadas. Nós coa base do equipo do ano pasado con 2 baixas,Teresa e Elisa. Plantámonos no partido ben, empezamos mandando pronto no marcador, moito ritmo desde o saque que non permitía ás cántabras elaborar o xogo con facilidade, impediámoslles construír primeiros tempos que son unha das súas armas máis perigosas e obrigámolas a saír con balóns altos con bloque ben montado o cal nos permitía recuperar balóns desde a defensa e puntuar en K2.
 Fomos perdendo algo de ritmo ao final deste primeiro set, o cal nos levou a empezar con altibaixos o segundo. Torrelavega recibía con moita máis facilidade e puntuábanos rápido en saídas de K1, o cal lles deu vantaxe rapidamente e permitiulles levar facilmente o set 13-25.
 No terceiro set melloramos algo respecto ao anterior, pero estabamos con problemas para saír de recepción e cambiar o saque, chegamos a ir 15-20 por baixo no marcador, pero nese momento un refacho de saque de Alba que nos deixa a un só punto das visitantes, 20-21, nese momento e co xogo en auxe levámonos 25-22 un set que a priori tiñamos perdido. No cuarto e último set a pesar de non arrincar cun xogo moi fluído, puidémonos aproveitar dun CV Torrelavega noqueado, e cun bo final de set levámonos 3 puntos moi importantes. 


F. Cueto.




venres, 22 de setembro de 2017

COMEZA A LIGA DE VOLEIBOL SF2



  Comeza a tempada de Voleibol 2017-2018 coa primeira xornada de SF2 este fin de semana 23 e 24 de Setembro, sábado e domingo, no que os equipos farán a súa entrada na competición e servirá para deixar os nervios fóra da cancha e ver o nivel competitivo que ten cada un despois do traballo realizado na  pretemporada.

   Cunha inscrición record, 24 equipos, este ano a SF2 continúa dividida en dous grupos, A e B composta por 12 equipos cada un.
  O Autos Cancela Zalaeta milita no Grupo A, grupo xa coñecido, no que se enfrontará aos equipos galegos da categoría, EMEVE de Lugo e Xuvenil Teis, RGC Covadonga de Xixón, CV Torrelavega e CAEP Soria. Aos equipos casteláns Madrid Chamberí, CV Torrejón, Feel Volley Alcobendas e Universidad Valladolid; o canario Cuesta Piedra Tenerife e o descendido de Superliga Iberdrola, Extremadura Arroyo.
  O inicio de competición tócalle ao Autos Cancela Zalaeta ante o CV Torrelavega, o conxunto cántabro finalizou a pasada tempada na zona media da clasificación, e é un equipo afeito á parte alta da táboa, polo que se espera que non virá regalar nada, senón a buscar os puntos en xogo. Para o Zalaeta, a vantaxe de xogar en casa, non hai desprazamento e buscará a forma de comezar a liga puntuando no seu feudo do Barrio das Flores.

"Como se desenvolverá a competición, coméntanos Jorge Barrero, é pronto para dicilo, trataremos de ir de menos a máis, mellorando o ritmo de competición a medida que vaiamos xogando partidos. O Torrelavega non é de fiar, supoño que se moverá pola parte alta da clasificación, polo que será un bo test para comezar a liga."


  O Autos Cancela Zalaeta afronta a tempada con intención de mellorar a anterior na que salvou a categoría movéndose pola parte baixa da táboa. A base do equipo é practicamente a mesma pero con algunha variación.
  Causan baixa a colocadora Tere Oria por motivos laborais e a central Elisa Álvarez en Universidad de Granada. En cambio recupéranse a xogadoras Marta Fraga, receptora ex xogadora do club e procedente da liga universitaria de EEUU onde estaba a estudar, e a central Andrea Rivas que vén de realizar os seus estudos en Italia onde procurou non perder o ritmo cun equipo da serie C. Incorpórase tamén a colocadora María Pedreira procedente do club de Oleiros e Calíope García, central coruñesa que a tempada pasada militaba no CAEP SORIA.

  O partido, o sábado 23 ás 19:00, esperámosvos na cancha do Barrio das Flores onde se poderá gozar dun emocionante e competitivo partido de Voleibol, na pista onde o Zalaeta sempre dá espectáculo.


venres, 9 de xuño de 2017

VI CAMPUS DE VERANO CV ZALAETA




  Comezan as vacacións unha vez finalizado o curso, e finalizan tamén as competicións oficiais de volei, o que abre o camiño ao verán e ao goce.
O CV Zalaeta non quere estar á marxe e pretende estar presente no inicio do verán coa organización do VI Campus de Verán que vos presentamos a continuación.
  O Campus vai dirixido a aqueles nenas e nenos nados entre o 2003 e o 2008, ambos os anos incluídos, e o punto de encontro e de desenvolvemento de gran parte das actividades será o Polideportivo do IES R. Menéndez Pidal (Instituto Zalaeta) C/ María Vitoria Fernández de España nº 2, 15002, A Coruña.
  O horario será de de 10:30 a 14:00 os días 3, 4, 5, 6, e 7 e a segunda semana 10, 11, 12, 13 e 14 do mes de Xullo, podendo asistir só unha semana indicando no momento da inscrición cal sería. O prezo 50 Euros Campus completo e 25 unha soa semana.
  Realizaremos diferentes actividades, por suposto voleibol e tamén volei praia, divertirémonos con diversos tipos de xogos e iniciarémonos nesa especialidade tan rara de orientación e rastrexo. Tamén realizaremos unha visita ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, MUNCYT, da Coruña.

 Podedes obter información chamando a Cristina ao nº de teléfono 651 360 683 ou ben no correo cv.zalaeta1@gmail.com 

Non o dubides, reserva xa a túa praza para o Campus de Vernao do CV Zalaeta!!


martes, 2 de maio de 2017

CLASIFICACIÓN FINAL CEJF A CORUÑA 17




1º PROFESSIONAL ANSWER ALCOBENDAS                                                              2º DSV CV SAN CUGAT                                                                       




3º RGC COVADONGA                                                                                   4º UNIVERSIDAD DE GRANADA                                                                 













5º CVB BARÇA                                                                                             6º AUTOS CANCELA ZALAETA                                                                         














7º DOKET ÉLITE VOLEY                                                                                                8º  CVM UNIDEBA



9º VALL D´HEBRÓN                                                                               10º CUESTA PRIEDRA STA. CRUZ                                                                 



















11º DÚO CIUTAT CIDE                                                                                           12º CV TORRELAVEGA                                                                       














13º cvleganes.com                                                                                      14º UNIVERSIDAD DE BURGOS                                                                         














15º CV PLAYAS DE BENIDORM                                                                  16º LOS ALCÁZARES A. GLORIA                                                                                                                                 














17º H.  VET. EMEVE                                                                                                  18º CV LA CALZADA                                              














19º GRUPO JIMENEZ LA SALLE PON D´INCA                                                                      20º  CV CORIA                                                                                                         














21º C VOEI GRAU CASTELLÓ                                                                          22º  CD FORTUNA KE ARDO                                                               














23º C. UNVERSITARIO GUADALAJARA                                                  24º  AGROMENDOZA VOLEY HARO                                                                                                                                         














Aquí podeis ver la retransmisión de la final  completa realizada por novamediastream

                          
                              https://www.youtube.com/watch?v=jIrPs5EzuUo&feature=youtu.be

luns, 1 de maio de 2017

FINALIZA EL CAMPEONATO DE ESPAÑA JUVENIL FEMENINO A CORUÑA 17




  Professional Answer Alcobendas se proclama Campeón de España de Voleibol Juvenil Femenino en la final celebrada ayer en el Polideportivo del Barrio de las Flores al vencer al DSV San Cugat por 3-0 (25-19; 25-19 y 25-16).

   Ayer domingo en doble jornada matutina finalizaba el Campeonato de España con los partidos correspondientes a la disputa de las medallas. Los cruces eran los siguientes, por el bronce se enfrentaban dos equipos que a priori no aparecían en la quinielas, pero que se reivindicaron a lo largo de los cinco días que duro la competición y el campeón andaluz, Universidad de Granada y el campeón asturiano RGC Covadonga se jugaron el bronce.

  Las andaluzas se clasificaron como 2ª del grupo D, tan solo cedieron ante el S. Cugat, y en la segunda fase tuvieron que deshacerse del equipo anfitrión, Autos Cancela Zalaeta para entrar en semifinales. Por su parte las asturianas, también pasaron la primera ronda de 2ª del grupo F, cediendo solo ante el primero del grupo, Cuesta Piedra Sta. Cruz, para eliminar a las catalanas del Vall d´Hebrón y el Barça en la 2ª fase y pasar a semifinales.
  El partido fue como se esperaba, muy disputado, entre dos equipos muy parejos y difíciles de batir en el que finalmente el joven equipo asturiano se impuso al difícil universitario de Granada con un resultado de  1-3, con parciales 24-26; 25-19; 24-26 y 23-25.
  Resulta complicado predecir y adelantarse a los acontecimientos, pero los finalistas sí aparecían en las listas, y confirmaron los pronósticos. Al DSV CV S. Cugat se lo puso difícil el Granada en la primera fase, que le plantó cara en un complicado partido a 5 sets, y en la 2ª fase se vio obligado a eliminar al Doket Élite, otro de los favoritos, para entrar en semifinales donde se eliminó con el Grupo.

 
Ana Escamilla MVP con Sheyla Arias
  Por su parte el Professional Answer Alcobendas tuvo un discurrir más tranquilo en las clasificatorias, fue capaz de imponer su superioridad desde el comienzo del campeonato, en la 2ª fase dejó fuera al Cuesta Piedra y no encajó ningún set hasta que se enfrentó con Granada, el único equipo capaz de hacerle encajar un set al campeón en 7 partidos.
  La final fue un partido más para las madrileñas, el trámite para llevarse el título, se impusieron claramente al S. Cugat en un encuentro en el que de nuevo marcaron el ritmo al que querían que se jugase, e hicieron valer su superioridad individual. Su jugadora Ana Escamilla fue elegida Mejor Jugadora del Campeonato.

  Enhorabuena a las campeonas y a los finalistas por los logros conseguidos, y agradecer y felicitar a todos los participantes por su participación y por el ejemplar desarrollo de este recién finalizado Campeonato de España de Voleibol Juvenil Femenino A Coruña 17.
  Agradecer así mismo la presencia de las diversas autoridades que asistieron y participaron en la entrega de trofeos y a la RFEVB por su seguimiento.
  Agradecimiento del C.I. Zalaeta Voleibol a la participación de la Secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez Telle,  Roberto García, Xefe de Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Xosé Manuel Sande García, Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, a la Directora del IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta, Mª Estrella Pérez Freire y al Presidente de Federación Galega de Voleibol, José A. Luna Bargo.

 



















Aquí podeis ver la retransmisión completa realizada por novamediastream

                          

                              https://www.youtube.com/watch?v=jIrPs5EzuUo&feature=youtu.be



domingo, 30 de abril de 2017

JORNADA DE CLAUSURA DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA



  Se aproxima el final de esta edición del Campeonato de España, solo nos queda la lucha por las medallas entre los mejores equipos de la competición mañana domingo a partir de las 10:00 en el polideportivo del Barrio de las Flores.

PROFESSIONAL ANSWER ALCOBENDAS                                         DSV CV SAN CUGAT                      
   Pendiente de la clausura del campeonato, ya se jugaron todos los partidos correspondientes a las diferentes eliminatorias dando lugar a la clasificación final, y esta tarde se jugaron las semifinales en el Barrio de las Flores cancha que también será escenario de las finales.
  El primer partido será por el 3º y 4º puesto, a las 10:00, que enfrentará al Universidad de Granada y al RGC Covadonga, dos conjuntos muy parecidos. Ambos pasaron como segundos de sus respectivos grupos. Las andaluzas se las tuvieron que ver con los equipos gallegos logrando eliminarlos a los dos, en la 1ª fase se deshizo del EMEVE, y en la 2ª apeó al Zalaeta de las semifinales.

UNIVERSIDAD DE GRANADA                                                          RGC COVADONGA
   Mientras tanto el Grupo se las veía con las catalanas, en la 2ª fase se enfrentaba con Vall d´Hebrón y con el Barça logrando el pase a semifinales.
  El partido final que decidirá el título de campeón 2017, a partir de las 12:00, lo disputarán Professional Answer Alcobendas y DSV CV San Cugat. Los dos, primeros de sus grupos, en la segunda fase resuelven favorablemente sus partidos. El San Cugat tiene que eliminar primero al Doket Élite, otro de los favoritos, en un complicado partido a 5 sets para meterse en semifinales, mientras que el Alcobendas llegaba con su casillero de sets en contra a cero, y en las semifinales ambos resolvieron sus compromisos por el mismo resultado, el Alcobendas ante el Granada y el Grupo ante el San Cugat: 3-1.
  Por su parte el equipo coruñés CI Zalaeta Voleibol resolvió la segunda fase con una victoria ante el Ciutat Cide en un partido a vida o muerte, en el que se impusieron las del Instituto por un apretado 3-2 con la inestimable ayuda de la afición totalmente volcada con su equipo. No fue así el segundo partido ante el U. de Granada, no se pudo mantener la tensión ni las prestaciones del partido anterior, y se cedió la primera derrota del campeonato que nos apeaba de las semifinales, y nos enfrentaba al Barça en la lucha por el 5º y 6º puesto, partido que se jugó esta tarde en el Barrio en el que las catalanas se hicieron con el triunfo con un 3-0 a su favor.